Amigos do Museo

É probable que un dos valores máis destacados do Museo Etnográfico da Capela é o que lle dá o ser un proxecto colectivo e participativo. Xa desde a súa orixe cando varias promocións de nen@s, xogando co seu pasado , crearon a colección etnográfica no Colexio e logo se continuou coa constitución da Asoc. “Patronato do Museo Etnográfico da Capela” na que se implicaron o Colexio, o Concello, o movemento asociativo capelán, e…. progresivamente os SOCI@S.

É moito o camiño andado pero aínda queda moito por percorrer ; propoñémosche que pases a formar parte desta Asociación participando activamente como SOCI@ para darlle vida e permanencia no tempo a este importante proxecto colectivo que xa abandonou o limbo da utopía e se está aconverter nunha aposta firme a prol da posta en valor do noso patrimonio eco-etnográfico .

Anímate e faite SOCI@¡ . Terás dereito a ….(VER Art 11 Estatutos)

Contacta coa ASOC. para que se che faga chegar o impreso de solicitude de inscrición como soci@ ordinario.

A cuota anual é de 20 €. Abonda con que cubras a folla de inscrición e a entregues na “Casa do Pazo”